luns, 30 de maio de 2022

"Cousos do lobo", Uxío Novoneyra

 

 

Cousos do lobo!
Caborcos do xabarín!
Eidos solos
onde ninguén foi nin ha d’ir!

O lobo! Os ollos o lombo do lobo!

Baixa o lobo polo ollo do bosco
movendo nas flairas dos teixos
ruxindo na folla dos carreiros

en busca de vagoada máis sola e máis medosa…

Rastrexa
parase e venta
finca a pouta ergue a testa e oula
ca noite cara o ceo con toda a sombra da noite na boca

"Terra Chá", Manuel María


 

A Terra Cha somentes é:
un povo aquí, outro acolá,
mil arbres, monte raso,
un ceo chumbo e tráxico
no que andan as aves a voar.
O resto é soedá.

 

domingo, 29 de maio de 2022

"O crepúsculo e as formigas", Ferrín

https://drive.google.com/file/d/1HER7p5P_su4YGpTxSI0blAvDlFY_Y4gY/view?usp=sharing 


 

"Panos brancos", Uxío Novoneyra

                                                                            Uxío Novoneyra

Haiku (俳句) é unha das formas de poesía tradicional xaponesa máis estendida.O haiku consiste de tres versos de 5, 7 e 5 sílabas, sen rima. Buscaba describir os fenómenos naturais, o cambio das estacións, ou a vida cotiá da xente, a través de momentos precisos, coma impresións. 

Son moi condensados, pero con moitas emocións, sentimentos, e mesmo ironía ou humor. 

Acostuma a estar formado por substantivos cargados de expresividade. .

Non teñen rima, nin título, pois son moi sinxelos, aínda que empregan metáforas e sinestesias. 

Ex.: 

1)A ameixeira florece,

o reiseñor canta

pero eu estou só. 

2)Dedos do mar: 

concerto de piano

no acantilado. 

"Botas de elástico", Ferrín

domingo, 8 de maio de 2022

"¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?", Bernardino Graña



¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?

Case morto vivín sen coñecerte
aló na chaira seca por absurdas rúas
onde ninguén me soupo dar mornura.
Foi soedade desconforme adentro
e a semente a caír en terra dura.

¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?

Erguinme e vinte ó regresar á terra
como se fora todo aquelo un soño
pesado e ti xa foras sempre miña.
Foi outra vez materno en aloumiño
o bico teu na lingua.
E foi de novo corazón adentro
comprender a existencia e a dozura.

¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?

Pero hoxe mesmo o día abriu en medo
entrou na fiestra un sol extraño inmenso
e deixáchesme o leito en mantas frías.
Está a volver agora corazón adentro
a soedade o podre a agonía
a me pinchar as cousas en millóns de pugas
cada minuto en séculos de agullas.

¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?